🗞️#NdP| 𝐀 𝐬𝐨𝐥𝐢𝐝𝐚𝐫𝐢𝐞𝐝𝐚𝐝𝐞 𝐝𝐞 𝐒𝐚𝐥𝐜𝐞𝐝𝐚 𝐛𝐚𝐭𝐞𝐮 𝐫𝐞́𝐜𝐨𝐫𝐝𝐬 𝐧𝐨 𝐍𝐚𝐝𝐚𝐥
📣A sociedade salcedense destacou sempre pola súa solidariedade e por estar sempre dispoñible a botar unha man nos momentos máis complexos ao longo de todo ano. Sen embargo, e case dun xeito inevitable, esa solidariedade multiplícase nas datas de Nadal, sendo numerosas as iniciativas organizadas para axudar ás persoas que máis o precisan.
O programa municipal de alimentos, principal destinatario destas accións, atende nestes momentos a 60 persoas, das cales 25 son menores de 16 anos, polo que dende o Concello de Salceda queremos rematar o ano agradecendo enormemente a cantas persoas e organismos puxeron o seu granciño de area nestas datas tan sinaladas.
👀 Le a nota completa:
https://salcedadecaselas.gal/a-solidariedade-de-salceda-bateu-records-no-nadal/